20 Rexistro de chamadas
Web ou Internet
Pode acceder a varios servizos de Internet co navegador do seu teléfono. A presentación
das páxinas web pode variar segundo o tamaño da pantalla. Pode que non vexa todos
os detalles das páxinas web.
Dependendo do teléfono, é posible que a función de navegación web aparezca no menú
como Web ou Internet, denominada en diante Web.
Importante: Utilice só servizos fiables e que ofrezan seguridade e protección
axeitada contra software daniño.
Para coñecer a dispoñibilidade destes servizos, os prezos e as instrucións, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
Pode recibir os parámetros de configuración necesarios para navegar como unha
mensaxe de configuración do seu fornecedor de servizos.
Conexión cun servizo web
Seleccione
Menú
>
Internet
>
Inicio
. Ou, no modo de espera, manteña premido 0.
Logo de conectarse ao servizo, pode comezar a navegar polas súas páxinas. A función
das teclas do teléfono pode variar segundo o servizo. Siga as guías de texto da pantalla
do teléfono. Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
Configuración
Perfís
Está agardando unha chamada pero non pode deixar que soe o dispositivo? Existen
varios grupos de axustes denominados perfís que se poden personalizar con tons de
chamada para diferentes eventos e contornos.
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Perfís
.
Seleccione o perfil desexado e unha das seguintes opcións:
Activar — Permite activar o perfil.
Personalizar — Permite modificar os axustes do perfil.
Temporizado — Permite axustar o perfil para permanecer activo ata unha hora
determinada. Cando pasa a hora axustada para o perfil, actívase o perfil anterior non
programado.