Nokia C1 01 - Inserir unha tarxeta de memoria

background image

Inserir unha tarxeta de memoria

Utilice únicamente as tarxetas microSD compatibles autorizadas por Nokia para utilizar

co dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria autorizados para as tarxetas de

memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan totalmente compatibles con este

dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta e no

dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O teléfono admite tarxetas microSD cunha capacidade de ata 32 GB.

É posible que se forneza unha tarxeta de memoria compatible co dispositivo, e pode

que xa se atope inserida neste. De non ser así, leve a cabo o seguinte:

1 Abra a tapa posterior.

2 Asegúrese de que a zona de contacto da tarxeta estea orientada cara a abaixo.

Empuxe a tarxeta cara a dentro ata que escoite un clic.

3 Volva colocar a tapa posterior.