Inserir a tarxeta SIM e a batería
A tarxeta SIM e os seus contactos poderían danarse facilmente se a tarxeta se raia ou se
dobra, polo que debe ter coidado cando manipule, insira ou extraia a tarxeta.
Importante: Non empregue unha tarxeta SIM mini-UICC, tamén coñecida como
tarxeta micro-SIM, unha tarxeta micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta SIM que
dispoña dun interruptor mini-UICC (consulte a ilustración) neste dispositivo. Unha
tarxeta micro-SIM é máis pequena que a tarxeta SIM estándar. Este dispositivo non
admite o uso de tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM incompatibles pode danar
a tarxeta ou o dispositivo e pode corromper os datos almacenados na tarxeta.
1 Coloque o dedo no oco situado na parte inferior do dispositivo e levante e extraia
con coidado a tapa posterior (1).
2 Se a batería se atopa inserida, levántea (2).
Asistencia técnica
5
3 Insira a tarxeta SIM. Asegúrese de que a zona de contacto da tarxeta estea orientada
cara a abaixo (3, 4).
4 Aliñe os contactos da batería cos do compartimento desta, e insira a batería (5).
Para volver colocar a tapa posterior, dirixa os enganches de bloqueo superiores cara
ás súas rañuras (6) e prema cara abaixo ata que a tapa encaixe no seu sitio (7).
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de
extraer a batería.