Nokia C1 01 - Reprodutor de música

background image

Reprodutor de música

O dispositivo inclúe un reprodutor de música para escoitar cancións ou outros ficheiros

de son MP3 ou AAC.

18 Música

background image

Seleccione

Menú

>

Música

>

A miña música

.

Para iniciar ou inserir unha pausa na reprodución

Prema a tecla de desprazamento.
Para dirixirse ata o inicio da canción actual

Desprácese á esquerda.
Para dirixirse á canción anterior

Desprácese á esquerda dúas veces.
Para dirixirse á canción seguinte

Desprazarse á dereita.
Para rebobinar a canción actual

Manteña premida a tecla de desprazamento cara á esquerda.
Para avanzar rapidamente a canción actual

Manteña premida a tecla de desprazamento cara á dereita.
Cambiar o volume

Desprácese cara arriba ou cara abaixo.
Para silenciar ou activar o son do reprodutor de música

Prema #.
Para pechar o reprodutor de música

Prema a tecla Fin.
Axustar o reprodutor de música para reproducirse en segundo plano

Seleccione

Opcións

>

Repr. seg. plano

.

Pechar o reprodutor de música cando se está a reproducir en segundo plano

Manteña premida a tecla Fin.

Aviso:

A exposición continua a niveis elevados de volume pode danar a súa capacidade

auditiva. Escoite música a un volume moderado e non suxeite o dispositivo preto do

seu oído co altofalante activado.