
Sobre as actualizacións do software do dispositivo
Coas actualizacións do software do dispositivo, pode obter novas características e funcións melloradas para o seu dispositivo.
A actualización do software tamén pode mellorar o rendemento do seu dispositivo.
Recoméndase que faga unha copia de seguridade dos seus datos persoais antes de actualizar o software do dispositivo.
Aviso:
Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin sequera para efectuar chamadas de emerxencia,
ata completar a instalación e reiniciar o dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de seguridade dos datos antes de aceptar
a instalación dunha actualización.
Información do produto e de seguridade 29

Tras a actualización, é posible que as instrucións na guía do usuario xa non estean actualizadas.