Tecnoloxía inalámbrica Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth permite conectar o seu dispositivo mediante ondas de radio a
un dispositivo Bluetooth compatible ou a un accesorio situado a menos de 10 metros
(32 pés).
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectivida-de
>
Bluetooth
.
Configurar unha conexión Bluetooth
1 Seleccione
Nome do meu telé-fono
e insira un nome para o dispositivo.
2 Seleccione
Bluetooth
>
Activado
. indica que a conectividade Bluetooth está
activa.
3 Para conectar o dispositivo a un accesorio de son, seleccione
Conexión con acces.
de audio
e o dispositivo ao que desexa conectarse.
4 Para emparellar o seu dispositivo con calquera dispositivo Bluetooth que se atope
dentro da zona de alcance, seleccione
Dispositivos vinculados
>
Enga. novo
disp.
.
Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione
Engadir
.
Insira un código de acceso (de 16 caracteres como máximo) no seu dispositivo e
permita a conexión no outro dispositivo Bluetooth.
Se lle preocupa a seguridade, desactive a función Bluetooth ou axuste
Visibilidade do
meu teléfono
en
Oculto
. Acepte a comunicación Bluetooth unicamente con
dispositivos fiables.
Conectar o ordenador á Internet
É posible utilizar a tecnoloxía Bluetooth para conectar un ordenador compatible á
Internet sen empregar o software PC Suite. O seu dispositivo debe ser capaz de
Configuración 23
conectarse á Internet (servizo de rede) e o ordenador debe ser compatible coa
tecnoloxía Bluetooth. Despois de conectarse ao servizo de punto de punto de acceso á
rede (NAP) do dispositivo e de emparellarse co seu ordenador, o dispositivo abre
automaticamente unha conexión de paquetes de datos á Internet.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2,1 + EDR que admite os
seguintes perfís: acceso xenérico, mans libres, kit mans libres portátil, envío de
obxectos, transferencia de ficheiros, acceso telefónico a redes, porto de serie, acceso
SIM e intercambio de obxectos xenérico. . Para asegurar a interoperabilidade con outros
dispositivos que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia
homologados para este modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros
dispositivos para obter información sobre a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.